As radios comunitarias e libres son esenciais para unha información libre e obxectiva
Espazo Ecosocialista esixe que a Xunta de Galicia reserve a radios libres e comunitarias un 25% no concurso sobre novas frecuencias en base a liberación de espazos e revisión das concesións
A sociedade ten dereito, recoñecido pola constitución e pola regulación da UE a unha información libre e obxectiva. O desenvolvemento dese dereito recoñece o dereito á existencia das chamadas radios libres ou radios comunitarias, dereito que en diferentes países se articula pola reserva dunha parte do espectro radioeléctrico para estas emisoras sen ánimo de lucro, sen publicidade, de, por e para a cidadanía.
Ningún dos gobernos que teñen pasado pola Moncloa teñen desenvolvido ese dereito, deixando as emisoras libres actualmente existentes nun limbo legal e impedindo a aparición legal de novas emisoras.
Decálogo de Espazo Ecosocialista no IIº aniversario do 15-M

O espírito do 15-M debe perdurar para construír un ‘goberno do pobo, polo pobo e para o pobo’
No segundo aniversario do movemento 15-M, Espazo Ecosocialista Galego (EcoSoGal) non pode por menos que celebrar o que significou no seu carácter reivindicativo, simbólico e alternativo, animar a cidadanía a participar na mobilización global do 1 de xuño contra a troica e afirmar:
- Que existe un antes e un despois do movemento de indignad@s> que o 15 de maio de 2011 sacou ás prazas e rúas a milleiros de persoas. Movemento que tendo o seu epicentro no Estado Español é fundamentalmente un movemento mediterráneo, con grandes movementos democratizadores no sur de Europa e do norte de África, desde Grecia ata Galicia.
- Que estamos diante dun movemento que situou con forza a necesidade de denunciar que a gobernanza global esta en mans dos oligopolios e polo tanto que participamos dunha democracia que ten 'as cartas marcadas’ e por outra facer fincapé que o cambio vira dado por dinámicas de resistencia e mobilización pacificas hexemónicas que abranguen 'ao 99% da poboación afectada pola crise sistémica fronte a un 1% beneficiada por ela'.
Derrogar a LOMCE desde unidade da comunidade educativa

EcoSoGal esixe a derrogación da LOMCE por clasista, segregadora, antidemocrática, privatizadora e uniformizadora
Espazo Ecosocialista Galego apoia a folga xeral no ensino o 9 de maio e demanda unidade para a defensa do ensino público
Espazo Ecosocialista Galego (EcoSoGal) quere manifestar o seu rexeitamento máis enérxico á mal chamada ‘Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa’ (LOMCE) impulsada polo goberno do PP e polo ministro, José Ignacio Wert, así como o seu apoio á folga xeral no ensino convocada por toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, pais e nais) que terá lugar o xoves 9 de maio.
A LOMCE, desde a perspectiva d@s Ecosocialistas, resulta completamente innecesaria, nos termos en que foi formulada, pois lonxe de mellorar a calidade educativa, tal e como afirma no título, levará o ensino a modelos amplamente superados polo tempo e a cidadanía, máis propios de épocas pre-democráticas, tanto na organización do ensino como nos contidos. A supresión da materia de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos, ou de todos aqueles contidos relacionados cos dereitos civís acadados nos últimos anos, sobre a igualdade entre homes e mulleres, a prevención da violencia de xénero, a educación afectivo sexual, entre outros, contrasta coa conversión, de novo, da relixión en obrigatoria e avaliable para todo o alumnado.
No 1º de maio: unidade e propostas alternativas

@s ecosocialistas galeg@s pregúntase canta máis inxustiza pode soportar a democracia e volve a demandar un novo proceso constituínte
Espazo Ecosocialista chama a mobilizarse o 1º de maio e lamenta que non exista a necesaria unidade sindical
Co anuncio de novos recortes sociais e o sistemático desmantelamento do estado de benestar por parte do goberno e cuns datos últimos de desemprego que superan o admisible en calquera sociedade democrática, Espazo Ecosocialista chama a mobilizarse o 1º de maio e lamenta que non exista unidade sindical nunha situación de emerxencia como a que vivimos. As centrais sindicais deben recuperar o espírito unitario conquerido o pasado 19 de xuño de 2.012.
Segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA), no primeiro trimestre do ano, a taxa de paro chegou a 6.202.700 (27,16%), a mesma proporción de desemprego que o goberno predicira para todo o exercicio. As tendencias xa resultan imposibles de corrixir ata o punto de que o goberno recoñece que se van superar a cifra dos 7 millóns de desempregad@s. Ningunha das previsións hai anos dos máis críticos coas políticas de recorte neoliberais apuntaba a cantidades tan fortes.
Ademais hai outros dous datos, aínda máis preocupantes. A precariedade laboral e a ausencia de axudas económicas.

















